Emighrasión

domingo, 27 de noviembre de 2011 20:51

32 días.

32 días que levo aquí, no cú do mundo, a voltas. A voltas e «Arredor de sí», tamén. Porque como dí o da teleghaita…»a cabesa non para!». E non, por non parar non para nin a cabesa nin as perniñas tampouco…

Hai trinta e dous días que saín da casa, bueno, para ser exactos…da casa de meus pais. Miña nai sempre dí que son unha persoa á que lle custa tomar decisións. O carallo é que cando as tomo non deixo indiferente a ninguén. Sonvos, o que se suele dicir, unha persoa de extremos. Un xéminis, vamos!.

Hai trinta e dous días amenceu unha Compostela cristalina. Cousa rara! porque en Compostela non chove nunca, sabedes?. Foi un despertar cargado de sensacións extranas. Íbame. E íbame ao cú do mundo, camiño do carallo da Gran Bretaña deixando atrás Galicia, ese «Gran carallo de sal» dos Siniestro Total.

Pero a verdade é que pensaba máis en pasar revista mental aos papeis que necesitaba levar comigo que ao feito de irme. Non era a primeira vez que o facía e sabía excatemente o que me agardaba unha vez que me adentrase máis alá do «Limes Septentrionalis» ou do Muro de Adriano.

O tempo en Barcelona era bo. Davan ganas de saír do aeroporto e deixarse levar ata a barceloneta, pero tiña un plan entre mans: Saír a fume de caroso do Reino de Ejpania. A tomar polo cú Mr. President, Mr.Noabrolabocanovayaaser e Mr. Esunplacerysatisfajción. Señores de la CEOE, Jueces, Abogados,Fiscalía, CCOOUGT’s, PPSOE’s, e demáis merda a exterminar…Au revoir!!!

Lembro que como se dunha gran final hollywoodiense se tratase, o piloto e a ruta de navegación regaláronme unha expléndida visión da Gran Ría da Arousa. De haber un orixe da humanidade este debería de ser aí e non en África. De feito tampouco entendo como Roma xurdíu en Roma e non en Boiro, pero en fin, iso éche outro conto…Desa viaxe, a mellor visión, foi, sen dúbida, a dos cantís brancos de Dover e ver o cerquiña que está a costa continental petada de gabachos…

O pirulo de Westminster (ou como din os bárbaros: Big Ben) tampouco vos é cousa doutro mundo. Vino por casualidade a través da fiestra do aeroplano cando estaba virando para tomar terra no London City Airport, e que queredes que vos diga! eu non me iría a Londres para fotografialo. Pero bueno, onde estea o pirulo do parlamento da Gran Bretaña que se quite a Catedral de Compostela!.

EDINBURGH!.

Joder, estes carallos por qué non escribirán como pronuncian? co doado que sería todo! pero non. Se dis E-din-burgh non che entenden.

-What??. di o paisano do autobús.

-what, que, ostia. Seica se che digo «E-din-bra» entendelo mellor?. Dí un perroflauta ejpañol vestido con Kilt dos Stuart. Moi apropiado para a ocasión…

Nove horas despois, deixei atrás a última provincia romana, Britannia. Ou como din os bárbaros: England.

Cinco e media da tarde. 24 de Outubro. Anoitece. Tempo morno. ¿Tempo morno?, pois sí. Ata a semana pasada, de feito. O busero deixame no Waverley bridge. Derradeira parada.

Isto que vexo non se parece en nada ao mapa que vin en Google… alí todo era plano!

-Excuse me, sir. Where is High Street? pregúntolle con inusitada politness británica.

-*Ç?»$straight on%&&(/&and%$··>Ç*=&%$»!is there. Responde o busero, con clara politness británica, tamén.Case pero non. A miña chegada a Amsterdam fora peor. Alí nin fora capaz de preguntar ren. Non me quedara máis opción que ensinarlle un papeliño co meu enderezo…Aquí, ben, aquí entendín tres palabras dunha frase.

O psitoletazo de saída acababa de soar e os galgos corrían detrás do coelliño branco cargado, non cun relóxio, senón cunha puta maleta de 20 kgs!!. Sorrío e asinto, coma se entendese. Zankllu veri mach, ser.

Bah! a este non lle entendín porque sabe dios de qué aldea saíu, pero mellor pregúntolle a aquela que ven por alí…

-Excuse me, ma’am, where is High St?. (Outra vez politness británica)

-*Ç?»$straight on%&&(/&and%$··>Ç*=&%$»!is there. Outra vez politness británica, tamén.

18.00 hrs Zulú. Paxaro en Niño-2. Noite pecha. Dúas conclusións:

1) Teño que coller a rúa, empinada, que está xusto diante miña. Queimarpirola, ou como din os indíxenas, Cockburn.

2) Entenderlle a esta xentiña vai mandar carallo… Non todo é o que parece amigou, e aquí zoa o vento…Logo duns días pola cidade comezo a ver os ionquis, rumanos pedindo polas esquinas e paletos borrachos gritando nas portas dos bares…agora sí! isto xa é unha cidade coma dios manda!… ata que che sacan dos bares ás tres da mañá. Aí, iso, non mola.

Deja una respuesta