O Agonista Dixital (Reloaded).

lunes, febrero 13, 2006

O agonista dixital

— Xa te encargas ti entón?
— Por suposto, non te preocupes. Ó chegar xa o fago.
— Pois así quedamos.
— Así pois. Ata logo.
— Ata logo … ah! …
— Dime.
— En galego, por favor.

Non podía ser doutro xeito, pensei eu.

Este é o mito fundacional deste lar, a historia de por qué un agonista «deixa» que o seu primeiro artigo o escriba un compañeiro. Bueno, sendo precisos, esta non é a historia, o porqué da acción. Pero sí o desencadeante, podemos acordar. O porqué queda entre as risas e as cañas que nos acompañaban.

Empezo escribindo este artigo coa esperanza que sexa ésta una fructífera (da igual se longa ou curta) andadura polos blogs do meu compañeiro «o agonista dixital».

Con vostedes queda,
Un saúdo e Saúde!
andrés

PD: ei aitor, xa me fun, pero como bo «informático» hai cousas que están en beta 😉 aínda por configurar (os teus enlaces favoritos, o título definitivo do teu blog, …) pero xa o vas vendo ti, non? Para calquera cousa xa me avisas. Unha aperta kusun!

Así foi como o meu amigo Andrés iniciou o antigo e non desenrolado «Agonista Dixital» versión 1.0. Daquela, a verdade, aínda que tiña cousas para contar (un erasmus en Amsterdam daba para moito…) non había moitas gañas de pórse diante da pantalla a escribir. Asíque, agora, vexamos que pasa!
Un saúdo a todos os que vos pasedes por aquí. Sede benvidos e poñedevos cómodos!.

Deja una respuesta